O COAG FAI UN CHAMAMENTO AOS PARTIDOS ANTE AS ELECCIÓNS GALEGAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) fai un chamamento aos diferentes partidos políticos ante a proximidade das eleccións autonómicas, reclamando
aquelas medidas que deberan ser atendidas no beneficio de toda a sociedade galega, do noso territorio e do colectivo de arquitectos e arquitectas de Galicia
MEDIDAS PARA ARQUITECTURA E URBANISMO EN GALICIA
DEREITO Á VIVENDA
1. Impulsar políticas de vivenda pública de calidade e un pacto pola vivenda entre os partidos politicos e os axentes sociais.
2. Desenvolver nos concellos de máis de 10.000 habitantes Plans de Vivenda e solucións particularizadas, así como o impulso a novos modelos habitacionais e a medidas de apoio á autopromoción e cooperativismo.
ORDENACIÓN DO TERRITORIO
3. Mellora da planificación do territorio a través dun maior aproveitamento das diversas ferramentas urbanísticas para a transformación cualitativa do mesmo, ediante a participación permanente dos técnicos e técnicas implicadas na ordenación do territorio .
4. Favorecer a formación dos e das urbanistas e a elaboración de planeamento xeral e de desenvolvemento.
5. Requirir a participación de arquitectos/as nas axendas urbanas e/ou plans territoriais estratéxicos.
DEFENSA DO PATRIMONIO
6. Protexer o patrimonio arquitectónico histórico e contemporáneo. Incluír nas comisións de patrimonio provincial un representante do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
7. Fomentar a rehabilitación da edificación e a revitalización dos entornos construídos mediante programas integrados. Impulsar as oficinas de rehabilitación e información en todo o territorio galego co fin de estimular a recuperación das ARIs.
MELLORA DA CALIDADE ARQUITECTÓNICA DE EDIFICIOS E DE ESPAZOS PÚBLICOS
8. Levar á práctica a Lei de Arquitectura. Primar a calidade dos proxectos e non as baixas económicas, así como contribuír á divulgación das obras realizadas en Galicia.
9. Impulsar concursos para toda a contratación na Administración galega. Revisar os pregos actuais e adecuar as modalidades de concurso, así como establecer criterios extensivos a toda a Administración autonómica. Apoiar aos concellos con técnicos/as e dotación económica para que poidan desenvolverse. Facilitar o acceso aos pequenos estudios e/ou profesionais no inicio da súa actividade.
10. Desenvolver unha estratexia de mellora do noso espazo público na que se teña en conta aos e ás profesionais da arquitectura como axentes imprescindibles no proceso.
11. Garantir uns honorarios mínimos e unificados en toda a administración galega. Deste xeito serán acordes as responsabilidades contraídas e ao coñecemento acumulado, en lugar de facer referencia ao salario base por hora.
12. Apoiar a formación de arquitectos/as tanto na universidade como na etapa profesional, estimulando a innovación e a profesionalización do sector.
13. Reforzar o proxecto Terra, o programa de apoio para a formación da infancia e a mocidade que leva impulsando o COAG vinte e tres anos.
14. Pór en marcha o Arquivo de Arquitectura de Galicia e desenvolver un espazo de divulgación que permita entender a transcendencia da arquitectura na construción do país e na ordenación do territorio.
15. Garantir a presenza suficiente e cualificada de arquitectos/as nos departamentos técnicos da Xunta de Galicia que desenvolvan arquitectura, rehabilitación patrimonial e urbanismo.
SIMPLIFICACIÓN ADMINISTRATIVA
16. Desenvolver de modo urxente medidas de simplificación e axilización das licenzas municipais (técnicos/as de apoio, estímulos fiscais, etcétera).
17. Garantir a presenza de arquitectos/as en todos os Concellos de Galicia. Desenvolver mecanismos para a consolidación das prazas de arquitectos/as municipais parellos ao impulso da figura de arquitectos habilitados que roten por concellos de menos de 10.000 habitantes.
18. Fomentar a harmonización de criterios nas entidades locais.