GeneralNoticiasSANTIAGOÚltima Hora

A XUNTA ACTIVA A ALERTA LARANXA PARA MAÑÁ PORTEMPORAL COSTEIRO NAS PROVINCIAS DA CORUÑA EPONTEVEDRA

— O fenómeno adverso estará activo desde a tarde por ventos do suroeste de ata forza 8 e mar combinada do suroeste con ondas de ata 6 metros
— Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de activar a alerta laranxa para mañá mércores por temporal costeiro nos litorais das provincias da Coruña e de Pontevedra.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde a tarde por vento do suroeste de forza 7 que pode chegar ocasionalmente a forza 8 no noroeste e oeste da Coruña. Haberá tamén mar combinada do suroeste con ondas de ata 6 metros.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *