GeneralNoticiasÚltima Hora

A Deputación da Coruña liquidará este ano a Audasa o 100% do IBI nos 18 concellos coruñeses polos que discorre a AP-9

Faino de oficio, en virtude do Real Decreto 173/2000 que na súa claúsula 20 establece para este ano o fin da bonificación do 95% do imposto do que gozaba Audasa desde hai décadas

O fin da bonificación suporá para estes concellos pasar dunha recadación de 175.000 euros a arredor de 3,7 millóns anuais

A área de Xestión Tributaria da Deputación da Coruña liquidará este ano a Audasa o 100% do IBI nos 18 concellos polos que dicorre a AP-9 e que teñen delegada a xestión e cobro dos seus tributos na institución provincial.

Así o anunciou esta mañá o deputado responsable da área de Facenda, José Ramón Rioboo, que explicou que a área de servizos tributarios da Deputación “xa ten contemplado liquidar este ano o 100% do IBI a Audasa nos concellos polos que pasa a AP-9 e que teñen delegada a xestión do imposto na Deputación, que son todos a excepción das cidades da Coruña e Ferrol, e incluíndo tamén ao Concello de Abegondo”.

Rioboo explicou que os servizos tributarios da Deputación xa tiñan tomada esta decisión “de oficio, en virtude do Real Decreto 173/2000, que na súa claúsula vixésima establece no 19 de agosto de 2023 o fin do 95% de bonificación do que gozaba Audasa desde hai décadas” grazas a unha Lei de 1972.

3,5 millóns de euros máis

O deputado indicou que, segundo as estimacións do departamento tributario da Deputación, o fin da bonificación no IBI da AP-9 implicaría para estes 18 concellos da provincia pasar duns ingresos anuais de 175.000 euros a máis de 3,7 millóns de euros en concepto de IBI polo paso da autopista no seu territorio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *