DIEGO CALVO RECOLLE O PREMIO CONCEDIDO Á XUNTA NA 36ª EDICIÓN DO TROFEO DE JUDO MIGUELITO
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio concedido á Xunta polo apoio a esta disciplina.
O conselleiro entregou tamén os galardóns á calidade técnica deportiva aos clubs de judo Arteixo, Compostela e Pontevedra. Na súa intervención, Diego Calvo salientou a importancia deste evento organizado pola Federación Galega de Judo e EdukaJudo, que demostra a capacidade integradora do deporte e promove a súa práctica desde as idades máis temperás.