GeneralNoticiasÚltima Hora

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE UN CURSO GRATUÍTO DE AUTODEFENSA DESTINADO A MULLERES

Desenvolverase os días 5 e 7 de marzo no Pavillón de Panxón de 9:30 h. a 13:30 horas e o prazo de inscrición abre o mércores 14 de febreiro

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) e en colaboración coa Secretaria Xeral de Igualdade, organiza un curso de autodefensa persoal destinado a mulleres maiores de idade no marco as diferentes accións pola conmemoración do 8 de Marzo, Día da Muller. O curso é gratuíto e desenvolverase os días 5 e 7 de Marzo no Pavillón deportivo de 9:30 h. a 13:30 horas. O prazo de inscrición abre o 14 de febreiro no CIM, no 986 383930 ou no correo cim@nigran.org e terán preferencia as empadronadas no Concello de Nigrán.

Será impartido por persoal técnico como instrutores en Defensa Persoal Feminino, membros/as das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e profesores/as na Academia Galega de Seguridade. O obxectivo é que sexan un instrumento de formación que comprenda un conxunto de coñecementos, actitudes, pautas e técnicas físicas que permitan prever, avaliar e actuar ante situacións de ameazas, riscos ou agresións. As técnicas son sinxelas, pero ao mesmo tempo efectivas para conquerir o obxectivo que se pretende, que é o de protexerse. Ademais, trataranse aspectos legais, psicolóxicos, estratéxicos, físicos e, por suposto, de prevención.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *