GeneralNoticiasÚltima Hora

OS CONSORCIOS PROVINCIAIS CONTRAINCENDIOS E OS REPRESENTANTES SINDICAIS DOS BOMBEIROS COMARCAIS CHEGAN A UN ACORDO


Desconvocarase a folga e continuarase coa negociación para acadar melloras laborais nos 24 centros de traballo de toda Galicia

Representantes dos consorcios provinciais contraincendios e salvamento e das forzas sindicais dos bombeiros comarcais mantiveron hoxe unha xuntanza no Consello Galego de Relacións Laborais onde se chegou a un principio de acordo para desconvocar a folga dos últimos meses.

O texto, asinado por representantes da Xunta, das catro deputacións provinciais e dos sindicatos, prevé melloras nas condicións laborais referidas tanto ao reforzo de efectivos como aos salarios e horarios, entre outras. Así, continuarase coa negociación para acadar melloras laborais nos centros de traballo dos consorcios provinciais de bombeiros das catro provincias galegas, é dicir, nos 24 parques comarcais da comunidade.

No acordo prevese tamén crear unha mesa de negociación para concretar a redacción dun novo convenio colectivo e dunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *