GeneralNoticiasÚltima Hora

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez visita a rodaxe de “San Simón” en Santa Clara

. O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de visitar en Santa Clara a rodaxe do filme “San Simón”, dirixido por Miguel Ángel Delgado e producido por Andrea Vázquez. Durante a súa visita, o vicepresidente tivo a oportunidade de coñecer a recreación que se está a realizar en Santa Clara do edificio asistencial e de enfermería que había en San Simón entre 1936 e 1943, cando a illa era unha colonia penal.

“San Simón” trátase dun filme baseado en historias reais de presos republicanos que recalaron no cárcere da illa, unha das prisións coa taxa de mortalidade máis alta debido ás súas condicións inhóspitas. A trama da película, que se prevé estrear a finais deste ano ou comezos do 2025, aséntase en diarios, cartas e memorias das persoas presas. Ademais de rodarse no convento de Santa Clara de Pontevedra e na illa de San Simón tamén se vai rodar na ETEA de Vigo e na Cova da Moura de Ourense.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *