GALICIAÚltima Hora

O Caudal Fest presentó o seu cartel definitivo para a edición de 2024 á que se suman os grupos galegos Carlangas y Los Cubatas e Lontreira

Caudal Fest anunciou este xoves as dúas últimas incorporacións que se sumarán ao cartel da vindeira edición, a cita musical de referencia no municipio e un dos festivais máis importantes do noroeste peninsular. Trátase dos grupos Carlanga y Los Cubatas e Lontreira, quenes estarán presentes na que xa está consolidada como a última gran festa do verán galego e que se encamiña cara a súa edición máis multitudinaria, os vindeiros días 20 e 21 de setembro.

Un ano máis, o Caudal Fest traerá á cidade de Lugo un gran número das xiras máis importantes que se realizarán no verán de 2024. O venres 20 de setembro estará protagonizado por Amaral, Viva Suecia, Carlos Sadness, Varry Brava, Huecco, Karavana, Ana Lua Caiano, Xina Mora e Ramón Mirabet. Ademais, o festival engade aos galegos Carlangas y Los Cubatas e Lontreira.

O sábado 21 será a quenda para outro gran número dalgúns dos artistas con máis éxito do país. Mikel Izal, Arde Bogotá, Ginebras, Nil Moliner, Ladilla Rusa, Tu Otra Bonita, Siloé, Parkineos, e Monoulious DOP, Dani Dicostas e Querido protagonizarán a segunda xornada de Caudal Fest 2024.

A sexta edición do festival buscará ser a máis exitosa da historia. “En 2023, o evento reuniu a 37.567 persoas en Lugo, supoñendo un retorno económico de 7,3 millóns de euros para o municipio e xerando máis de 350 empregos directos e 2.000 indirectos”, subliñou a rexedora quen destacou a relevancia desta cita para a economía local.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *