DEPORTESGALICIAGeneralRÍAS BAIXASÚltima Hora

O SÁBADO 22 CELEBRARASE O CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE COMBATE E EXHIBICIÓN EN CALDAS

 En total participarán case 600 taekwondistas.

O sábado 21 de xuño celebrarase en Caldas de Reis o Campionato Galego Escolar das modalidades de combate e exhibición, que reunirá a 600 participantes, pertencentes a 45 clubs de Galicia,  das categorías infantil, precadete e cadete, masculino e feminino (en exhibición só participan as categorías infantil e cadete).

A competición, organizada polo club Número Phi, comezará ás 09:00 horas da mañá no Pavillón Municipal de Caldas de Reis, onde se instalarán 6 tapices. Na final de exhibición participarán un total de 22 equipos, mentres que en competición haberá case 400 taekwondistas. Para clasificarse para o Galego, as e os deportistas tiveron que quedar na metade mellor clasificada nas fases provinciais, que se celebraron durante as últimas semanas en Boiro, Ponteareas, Taboada e Ourense. Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade,
desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *