RÍAS BAIXASTurismo

O MUSEO DA CIENCIA DO VIÑO DO CONDADO DO TEA REXISTRA UNESPECTACULAR NÚMERO DE VISITANTES NESTE COMEZO DE TEMPADA

Máis de medio milleiro de persoas visitou este espazo museístico dende o pasado mes de abril.

Moitos son os visitantes que se achegan dende a Península Ibérica, Europa ou América para coñecer os segredos que agocha o Castelo de Dona Urraca, en cuxo interior se empraza o Museo da Ciencia do Viño.

Un museo diferente, altamente interactivo, didáctico e sito dentro dun Ben de Interese Cultural son algúns dos atractivos, que fan que este espazo sexa o lugar elixido por moitas axencias de viaxes, familias, asociacións e empresas como lugar de obrigada visita dentro dos seus itinerarios.

Referente museográfico dentro da nosa comarca e lugar de interese para veciños e foráneos, o Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea é ademais un dos dous Puntos de Información Turística do Concello de Salvaterra, Xunto coa oficina habilitada no Parque de A Canuda.

O museo está aberto de mércores a domingo, no seguinte horario de atención ó público: de 11h a 14h e de 17h a 19h.
Non será preciso a inscrición previa, agás para os grupos de máis de 15 persoas.
As reservas para grupos deberán efectuarse a través do teléfono 617.14.88.66 ou no enderezo electrónico: museocienciavino@concellodesalvaterra.org

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *