GALICIAGeneralRÍAS BAIXASÚltima Hora

A XUNTA AUTORIZA A CONTRATACIÓN DAS OBRAS DE URBANIZACIÓN DO SEGUNDO POLÍGONO DE SAN PAIO DE NAVIA EN VIGO, POR UN INVESTIMENTO DE PRETO DE 16,4 M€

  • O Goberno galego licitará os traballos de urbanización dos 106.361 m2 do polígono 2,  co obxectivo de habilitar solo para a construción de 719 vivendas protexidas, así como crear 311 prazas de estacionamento público e 10 para persoas de mobilidade reducida
  • A Xunta construirá 259 vivendas de promoción pública no polígono 1, das que 163 se poderán adxudicar proximamente, estando á espera de licenza municipal
  • O proxecto de urbanización dos 59.366 m2 do polígono 3, co obxectivo de albergar 147 vivendas máis, foi presentado ao Concello e está en tramitación para a súa aprobación
  • En total, o investimento público e privado previsto na ampliación de San Paio de Navia rolda os 303 M€, aos que haberá que sumar o investimento nas parcelas comerciais e de equipamento, ademais da construción dun instituto por parte da Xunta
  • A ampliación de San Paio de Navia permitirá construír preto de 1.600 vivendas protexidas na cidade de Vigo

O Consello da Xunta deulle hoxe o seu visto e prace á contratación das obras de urbanización do segundo polígono de San Paio de Navia, no concello de Vigo, por un investimento autonómico de preto de 16,4 M€.
O Goberno galego dá un novo paso máis para o reforzo o parque residencial da cidade, acometendo o acondicionamento do polígono 2, fases A e B de San Paio de Navia, que conta cunha superficie total de 106.361 metros cadrados, e que permitirá a construción dun total de 719 vivendas protexidas.
Baixo a licitación do contrato autorizado hoxe polo Executivo autonómico contémplanse os traballos e obras de urbanización necesarios para a completa execución do proxecto de urbanización deste segundo polígono. En concreto, a fase A comprende o acondicionamento de 44.583 m 2 , para acoller 337 vivendas, e a fase B, que supón a urbanización de 61.832 m 2 , para acoller 382 vivendas.
Nos traballos de acondicionamento teranse en conta o proxecto de dotación de aparcamentos para o conxunto do polígono 2, que sumarán 311 prazas de estacionamento público e 10 para persoas de mobilidade reducida, correspondendo 180 (6 para persoas de mobilidade reducida) para a fase A, e 131 (4 para persoas de mobilidade reducida) para a fase B.
Os traballos obxecto da licitación das obras autorizadas hoxe son os de movemento de terras e pavimentación, sinalización de vías e semaforización, rede de abastecemento e saneamento, rede de enerxía eléctrica, rede de iluminación, rede de gas, rede de telecomunicacións, accesibilidade, xardinería e equipamento urbana.

Urbanización de San Paio de Navia
Os terreos necesarios para a urbanización están todos adquiridos pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Compre lembrar que a superficie total da ampliación dos tres polígonos de San Paio de Navia é de 264.892 m 2 , téndose xa iniciado a finais do ano pasado as obras de urbanización do polígono 1, que se desenvolverán de forma paralela aos traballos construtivos dos edificios residenciais. A Xunta construirá 259 vivendas de promoción pública neste polígono, das que 163 se poderán adxudicar proximamente, estando á espera de licenza municipal.
A estes traballos engádese a licitación das obras de acondicionamento do polígono 2 autorizadas hoxe polo Goberno galego, que se completarán co proxecto de urbanización dos 59.366 m 2 do polígono 3, co obxectivo de albergar 147 vivendas máis. O proxecto de acondicionamento do polígono 3 xa foi presentado ao Concello de Vigo e está en tramitación para a súa aprobación.
A Xunta ten previsto investir arredor de 39 millóns de euros nas obras de urbanización dos tres polígonos, roldando o investimento estimado para a construción das vivendas previstas en San Paio de Navia os 240 millóns de euros. Este investimento será realizado por promotores privados, cooperativas e polo propia Xunta.
En total, o investimento público e privado previsto na ampliación de San Paio de Navia rolda os 303 millóns de euros, aos que haberá que sumar o investimento nas parcelas comerciais e de equipamento. Nunha parcela de equipamento está prevista, ademais, a construción dun instituto por parte da Xunta.
A ampliación de San Paio de Navia permitirá construír preto de 1.600 vivendas protexidas, das que 719 estarán no polígono 2, para o que e preciso licitar as obras de urbanización autorizas hoxe no Consello da Xunta.
Cómpre subliñar que unha parte importante das vivendas que se constrúan en San Paio de Navia serán de promoción pública, construídas pola Xunta, contando con parte de fondos do Programa de construción de vivendas de alugueiro social de edificios enerxéticamente Eficientes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Outra parte serán vivendas de protección autonómica construídas por cooperativas ou promotores privados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *