A Deputación impulsa a instalación dunha pantallaxigante en Pontevedra para seguir a final da Eurocopaque xogará a Selección Española o vindeiro domingo
O goberno provincial está a espera da autorización do Concello para a instalación da
pantalla no lugar idóneo para ver un partido do máis alto nivel
A Deputación de Pontevedra impulsa a instalación dunha pantalla xigante na cidade de Pontevedra para seguir a final da Eurocopa que a Selección Española de fútbol xogará en Berlín o vindeiro domingo a partir das 21 horas contra o equipo gañador do enfrontamento entre Inglaterra e Países Baixos.
O goberno provincial contactou xa co Concello de Pontevedra para solicitar autorización para a instalación deste equipamento nun lugar do centro da cidade que permita aos seareiros reunirse para seguir un partido de fútbol do máis alto nivel.
Non é a primeira vez que o executivo de Luis López formula unha iniciativa destas características. No pasado mes de maio, a Deputación instalou unha pantalla xigante no Paseo de Montero Ríos, diante do Pazo provincial, para seguir o encontro de ida da final polo ascenso a Primeira Federación entre o
Pontevedra e o filial do Real Betis.